Saltar ao contido

Tarsicio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTarsicio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 246 Editar o valor en Wikidata
Roma Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 265 Editar o valor en Wikidata (18/19 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, lapidación Editar o valor en Wikidata
Acólito
Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónAcólito Editar o valor en Wikidata
PeríodoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de agosto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
canonización Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 195377

San Tarsicio foi un mozo que morreu martirizado mentres defendía un sagrario no seu peito, na Vía Apia de Roma en torno ao ano 267 ou 268, durante o goberno do emperador Valeriano.

É venerado como patrón dos acólitos. O Martiroloxio romano celebrábao o 15 de agosto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

San Tarsicio foi un mozo convertido ao cristianismo a mediados do século III, que colaboraba como acólito da Igrexa de Roma nas catacumbas durante a persecución aos cristiáns por parte da administración do emperador Valeriano.

Despois de participar nunha Misa nas catacumbas de San Calisto foi comisionado polo bispo de Roma, Sisto II (257-258) para levar a eucaristía aos cristiáns que estaban no cárcere, prisioneiros por proclamar a súa fe en Cristo. Pola rúa atopouse cun grupo de mozos pagáns que lle preguntaron que gardaba baixo o seu manto. Tarsicio negouse a dicilo, e os outros atacárono con pedras e paus, posiblemente para roubar o que levaba. O mozo preferiu morrer antes que entregar o que el consideraba un tesouro sacro. Outros detalles máis lendarios indican que, cando estaba a ser apedreado, chegaría un soldado chamado Cuadrato, catecúmeno cristián, quen recoñeceu a Tarsicio e afastou aos atacantes. Tarsicio encomendoulle antes de morrer que levase a comuñón aos encarcerados no seu lugar.

Hoxe non existe unha identificación plena da súa sepultura, aínda que a igrexa de San Silvestre in Capite, unha basílica menor de Roma, atribúese posuír as súas reliquias.

Padroeiro

[editar | editar a fonte]

No catolicismo, san Tarsicio é o patrón dos acólitos e ministros da Eucaristía, ademais daquelas persoas que reciben a primeira comuñón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]